SUDÁFRICA

A República de Suráfrica é un estado descentralizado dividido administrativamente nun goberno central e nove provincias. O Goberno central está encabezado polo Presidente da República, que é á vez Xefe do Goberno. A Constitución vixente data de 1996 e entrou en vigor en 1997. O poder lexislativo recae no Parlamento, que consta de dúas cámaras, a Asemblea Nacional e o Consello Nacional de Provincias (órgano de representación territorial composto por unha delegación por provincia). As provincias teñen o seu propio Goberno e Asemblea Parlamentaria. Caracterízase pola súa diversidade cultural, froito da combinación de distintas razas e tradicións creando un folclore multicolor onde se pode atopar cidades modernas e paraxes remotas.

  • Superficie: 1.221.038 km²
  • Poboación: 63,2 m hab
  • Capital: Pretoria Cidade do Cabo Bloemfontein (Pretoria, sede do poder executivo; Bloemfontein, sede do poder xudicial: e Cidade do Cabo, sede do poder lexislativo.
  • Idiomas oficiais: Inglés, Afrikaans, isiXhosa, isiZulu, Setswana, Sesotho, Sepedi, siSwati, Xitsonga, isiNdebele e Tshivenda.
  • Forma de goberno: República parlamentaria
  • Moeda: Rand (R, ZAR)
  • Huso horario: SAST (UTC + 2)
  • Dominio Internet:.za
  • Prefixo telefónico: + 27

Destacados