2016- Subvencións na área de protección internacional e para a atención sociosanitaria nos CETIs de Ceuta e Melilla, cofinanciadas polo Fondo FAMI e o FSE

Resolución da convocatoria

  • Extracto da Resolución do 29 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Migracións pola que se convocan subvencións na área de protección internacional e para a atención sociosanitaria nos Centros de Estancia Temporal de Inmigrantes de Ceuta e Melilla.
  • Resolución do 29 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Migracións pola que se convocan subvencións na área de protección internacional e para a atención sociosanitaria nos Centros de Estancia Temporal de Inmigrantes de Ceuta e Melilla.

Obxecto das subvencións

O obxecto destas subvencións será a realización de proxectos que favorezan a acollida e integración das persoas solicitantes e beneficiarias de protección internacional, do estatuto de apátrida e das persoas acollidas ao réxime de protección temporal en España. Así mesmo, prestarase atención a inmigrantes en situación de vulnerabilidade.

Financiaranse os seguintes tipos de proxectos baixo as seguintes prioridades

  • Prioridade I. Proxectos dirixidos á creación e mantemento de dispositivos de acollida e o desenvolvemento de itinerarios de integración para persoas solicitantes e beneficiarias de protección internacional, solicitantes e beneficiarias do estatuto de apátrida, persoas acollidas ao réxime de protección temporal en España.
  • Prioridade II. Proxectos que faciliten a atención sociasanitaria nos Centros de Estancia Temporal de Inmigrantes (CETI) de Ceuta e Melilla.
  • Prioridade III:
    1. Proxectos dirixidos a favorecer o coñecemento sobre as persoas solicitantes de asilo e beneficiarias de protección internacional, así como á sensibilización da sociedade de acollida.
    2. Proxectos de formación e perfeccionamento de profesionais e persoas voluntarias que desenvolvan a súa actividade no marco das prioridades I e III.3 desta convocatoria.
    3. Creación e mantemento de recursos específicos para a atención integral de grupos vulnerables (vítimas de trata de seres humanos e os seus fillos e fillas; vítimas de violencia de xénero e os seus fillos e fillas; familias monoparentais con menores de idade; persoas con enfermidades graves; persoas con trastornos psíquicos; persoas que padecesen torturas, violacións ou outras formas graves de violencia psicolóxica, física ou sexual; mozos, etc)
  • Prioridade IV. Proxectos de equipamento e adaptación de inmobles.
  • Prioridade V. Proxectos de emprego destinados ao desenvolvemento de itinerarios integrados de inserción laboral individualizados destinados a persoas solicitantes e beneficiarias de protección internacional, así como a impulsar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, evitar a produción no ámbito laboral de condutas xenófobas e fomentar a diversidade no ámbito empresarial.

Entidades beneficiarias

As entidades, organizacións non gobernamentais e organismos internacionais que concorran á convocatoria deberán reunir os requisitos establecidos no artigo 4 da Orde ESS/1423/2012, do 29 de xuño

  • Ter como fins institucionais primordiais a realización de actividades a favor dos colectivos citados no artigo 1.
  • Carecer de fins de lucro.
  • Ter ámbito de actuación estatal, excepto aquelas organizacións cuxo ámbito territorial de actuación sexa Ceuta e Melilla.
  • Deberán estar legalmente constituídas e inscritas no correspondente rexistro administrativo estatal.
  • Dispoñer da estrutura e capacidade suficientes para garantir o cumprimento dos obxectivos, acreditando a experiencia operativa necesaria.
  • Non ter reintegrado máis do 40 por cento das axudas e subvencións recibidas en calquera das últimas cinco convocatorias.

Persoas destinatarias dos proxectos

Persoas solicitantes e beneficiarias de protección internacional, solicitantes e beneficiarias da condición de apátrida, e solicitantes e beneficiarias de protección temporal en España e inmigrantes vulnerables.

Prazo de execución

  • O período de execución dos proxectos subvencionados a través das prioridades I e IV poderá estenderse desde o 1 de xaneiro de 2016 ao 31 de decembro de 2017.
  • O período de execución dos proxectos subvencionados a través das prioridades II, III e V poderá estenderse desde o 1 de xullo de 2016 ata o 31 de decembro de 2017.

Solicitudes

  • As solicitudes para participar na presente convocatoria deberán presentarse no prazo de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación no BOE do extracto da Resolución de convocatoria (BOE 07/05/2016).
  • As solicitudes formularanse nos modelos que se acompañan como anexos I a V, ambos inclusive, e estarán dirixidas á Dirección Xeral de Migracións.
  • Os devanditos modelos estarán dispoñibles na sede da Dirección Xeral de Migracións, r / José Abascal, nº 39, 28003 Madrid, podendo ser presentados na citada sede, así como nos rexistros e oficinas a que se refire o artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
  • Cada entidade unicamente poderá presentar unha solicitude por prioridade indicada no anexo A, salvo no caso da prioridade III, na que se poderá presentar unha solicitude por cada tipo de proxecto.

Bases reguladoras da convocatoria

  • Orde ESS/1423/2012, do 29 de xuño, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións na área de integración dos inmigrantes, solicitantes e beneficiarios de protección internacional, apatridia e protección temporal. (BOE 30/6/2012).
  • Correción de erros.
  • Orde ESS/1423/2012 B.O.E. (11/02/2017)

Avaliación de proxectos presentados

Formularios

Aquí poderanse atopar todos os documentos necesarios para cumprimentar a solicitude, a tramitación e a xustificación da de subvención.