Renovación de pensións

AVISO:

  • BENEFICIARIOS DE PRESTACIÓNS POR RAZÓN DE NECESIDADE
  • BENEFICIARIOS PENSIÓN ASISTENCIAL POR ANCIANIDADE PARA ESPAÑOIS DE ORIXE RETORNADOS (Real Decreto 8/2008,
  • RENO.

Lémbrase que os beneficiarios destas prestacións económicas están obrigados a solicitar todos os anos,entre o 1 de xullo e o 30 de novembro, a renovación para o ano seguinte, para manter o seu dereito a esta pensión.

*Se non se solicita a renovación, o dereito queda extinguido automaticamente desde o 1 de xaneiro.

Formularios:

Outra documentación:Ademais, será necesario achegar toda aquela documentación que acredite a súa actual situación económico familiar de convivencia:

  • Ingresos persoais e dos membros da unidade familiar.
  • Certificados acreditativos, se é o caso, relacionados con cambios de domicilio, conta bancaria e demais situacións.

Obriga beneficiarios:Recórdase que, de acordo co artigo 12 do Real Decreto 8/2008, do 11 de xaneiro, os beneficiarios da prestación, virán obrigados a comunicar, no prazo máximo de trinta días desde a data en que se produza, calquera variación da súa situación de convivencia, estado civil, recursos económicos propios ou alleos computables e cantos outros poidan ter incidencia na conservación ou contía daquela.

Lugares de presentación:

  • Na Área de Traballo da Delegación ou Subdelegación do Goberno na súa provincia de residencia en España.
  • No Rexistro Auxiliar do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, sito en José Abascal 39.
  • A través do Rexistro do seu Concello, onde poderá solicitar a axuda dos Servizos Sociais.
  • Mediante correo postal certificado, a esta dirección:

    Servizo de Pensións
    Subdirección Xeral da Cidadanía Española no Exterior e Políticas de Retorno
    C/José Abascal, 39.
    28003 – Madrid

  • A través da sede electrónica.
  • Ademais de nos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

No caso das renovacións das Prestacións por Razón de Necesidade e dos Nenos da Guerra no Exterior, aconséllase consultar previamente á Consellería de Traballo, Migracións e Seguridade Social competente.