Integración

A nosa prioridade é conseguir unha sociedade inclusiva nun marco de convivencia de identidades e culturas. Pretendemos promover o desenvolvemento de programas e proxectos que fomenten un entorno social, cultural e laboral favorable a todos os integrantes da nosa sociedade.

A finalidade das políticas de integración é garantir a igualdade de trato e non discriminación, incentivar o respecto á diversidade e a tolerancia e establecer estratexias que favorezan a inclusión das persoas migrantes na nosa sociedade.

Para iso, a Secretaría de Estado de Migracións a través da Dirección Xeral de Atención Humanitaria e Inclusión Social da Inmigración desenvolve as políticas de integración a través dos seguintes proxectos, organismos e foros que che presentamos: