Vivir no estranxeiro

As funcións de apoio e atención a quen vive no estranxeiro encoméndanse á Dirección Xeral da Cidadanía Española no Exterior e Políticas de Retorno e materialízanse nunha serie de prestacións económicas e axudas asistenciais, ademais de programas de subvencións para contribuír ao sostemento de asociacións e á acollida e protección das persoas maiores e dependentes.

Ademais, desde a Oficina Española do Retorno, ofrécese ao cidadán información xeral sobre o proceso de retorno e diríxese cara ao organismo da Administración competente no trámite ou a materia obxecto de consulta.

A Dirección Xeral tamén asume labores de Secretaría do Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior, órgano consultivo que representa aos españois que viven no estranxeiro.