Bulgaria - Ciudadanía Española en el Exterior
Bulgaria
Situada no corazón dos Balcáns, Bulgaria ofrece paisaxes de gran diversidade: o norte está dominado pola chaira danubiana, o sur, por montes e altiplanicies e o leste, pola costa do Mar Negro.
A súa historia está marcada pola súa proximidade a Asia. A súa poboación componse dun 85% de cristiáns ortodoxos e un 13% de musulmáns, aproximadamente. Ao redor do 10% é de orixe turca e un 3% de etnia xitana. Tamén a súa gastronomía tradicional acusa a mestura de Oriente e Occidente. O manxar búlgaro por excelencia é sen dúbida o iogur, As principais exportacións de Bulgaria consisten en produtos alimenticios industriais, produtos lixeiros e viños,
No Disco de Ouro das sondas Voyager enviadas ao espazo exterior pola NASA incluíuse unha melodía popular búlgara. Entre as celebridades do país figuran a pensadora Julia Kristeva, o escritor Elias Canetti, gañador do Premio Nobel de literatura en 1981, e Christo Javachev (“Christo” ), creador de numerosas esculturas heterodoxas ao aire libre.
- Superficie: 110.994 km2
- Poboación: 6.437.360 hab
- Capital: Sofía
- Lingua: Búlgaro
- Moeda: Lev
- Huso horario: ) EET (UTC+2) -EEST (UTC+3
- Dominio Internet:.bg
- Prefixo telefónico: +359