MARROCOS

Marrocos, oficialmente denominado Reino de Marrocos, é un país situado en África do Norte, con costas no océano Atlántico e o mar Mediterráneo. Atópase separado de Europa polo estreito de Xibraltar. Os seus países veciños son: Alxeria ao leste (a fronteira con Alxeria atópase pechada desde 1994) , polo sur Mauritania e polo norte España, con quen mantén lazos comerciais e comparte tanto fronteiras marítimas como terrestres (cidades autónomas españolas de Ceuta e Melilla e peñón de Vélez da Gomera).Existen
tamén outros enclaves españois na costa do Mediterráneo (peñón de Alhucemas, e as illas Chafarinas).En
Marrocos residen 14.997 españois (dato a 1 de xaneiro de 2026).

  • Superficie: 446.550 km2
  • Poboación: 36,8 m hab
  • Capital: Rabat
  • Idiomas oficiais: Árabe e Amazigh
  • Moeda: Dirham marroquí
  • Horario: UTC
  • Dominio Internet:.ma
  • Prefixo telefónico: 212 +