Países Bajos - Ciudadanía Española en el Exterior
Países Baixos
Os Países Baixos, como o seu propio nome indica, ocupan unha extensión de terras baixas que, nunha cuarta parte, atópanse ao nivel do mar ou por baixo deste. Moitas zonas están protexidas das inundacións mediante diques e malecóns.
A actividade industrial neerlandesa céntrase na transformación alimentaria, os produtos químicos, as refinarías de petróleo e a maquinaria eléctrica e electrónica. O sector agrario é dinámico e coñecido polas plantas e flores ornamentais. O porto de Rotterdam é o máis activo de Europa e presta os seus servizos a un vasto territorio interior que se estende ata Alemaña e Europa central,
nos Países Baixos residen 36.411 españois (dato a 1 de xaneiro de 2026).
- Superficie: 41.526 km2
- Poboación: 18.137.647 hab
- Capital: A Haia
- Idiomas oficiais: Neerlandés
- Moeda: Euro
- Uso horario: CET (UTC+1) -CEST (UTC+2)
- Internet:.nl
- Prefixo telefónico: + 31