Política de cookies

O Ministerio de Inclusión, Migracións e Seguridade Social informa acerca do uso das cookies nas súas páxinas web.

As cookies son arquivos que se poden descargar no seu equipo a través das páxinas web. Son ferramentas que teñen un papel esencial para a prestación de numerosos servizos da sociedade da información. Entre outros, permiten a unha páxina web almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información obtida, pódense utilizar para recoñecer ao usuario e mellorar o servizo ofrecido.

Tipos de cookies

Segundo quen sexa a entidade que xestione o dominio desde onde se envían as cookies e trate os datos que se obteñan pódense distinguir dous tipos: cookies propias e cookies de terceiros.

Existe tamén unha segunda clasificación segundo o prazo de tempo que permanecen almacenadas no navegador do cliente, podendo tratarse de cookies de sesión ou cookies persistentes.

Por último, existe outra clasificación con cinco tipos de cookies segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos: cookies técnicas, cookies de personalización, cookies de análise, cookies publicitarias e cookies de publicidade comportamental.

Para máis información a este respecto pode consultar a Guía sobre o uso das cookies da Axencia Española de Protección de Datos.

Cookies utilizadas na web

A continuación identifícanse as cookies que están a ser utilizadas neste portal así como a súa tipoloxía e función:

A páxina web do Ministerio utiliza Google Analytics, un servizo de analítica web desenvolvida por Google, que permite a medición e análise da navegación nas páxinas web. No seu navegador poderá observar 3 cookies deste servizo. Segundo a tipoloxía anterior trátase de cookies propias, de sesión e de análise. Pode atopar máis información ao respecto e inhabilitar o uso destas cookies nesta páxina.

A través da analítica web obtense información relativa ao número de usuarios que acceden á web, o número de páxinas vistas, a frecuencia e repetición das visitas, a súa duración, o navegador utilizado, o operador que presta o servizo, o idioma, o terminal que utiliza. Información que posibilita un mellor e máis apropiado servizo por parte deste portal. Google Analytics non se usa para localizar ou solicitar información persoal identificable dos visitantes do sitio.

Ademais descárgase unha cookie denominada TRABALLO_POLICY, propia, de tipo técnico e de sesión. Xestiona o consentimento do usuario para o uso das cookies na páxina web, co obxecto de lembrar aqueles usuarios que as aceptaron e aqueles que non, de modo que aos primeiros non se lles mostre información na parte superior da páxina ao respecto.

No caso de que o seu acceso se produza a través dunha conta de Google, o sitio web do Ministerio utiliza o servizo de Google Signals, un mecanismo polo que as cookies de Google Analitycs poden acceder á información que vostede incluíu na súa conta de Google. Desta forma, podemos coñecer datos estatísticos sobre os accesos que se producen á páxina web que nos permiten ofrecer uns servizos máis axustados ás necesidades que vostede nos mostra coa súa navegación

Aceptación da política de cookies

O Ministerio asume que vostede acepta o uso de cookies. No entanto, mostra información sobre a súa Política de cookies na parte superior de calquera páxina do portal con cada inicio de sesión co obxecto de que vostede sexa consciente. Non se volverá visualizar este aviso ao acceder a calquera páxina do portal durante os seguintes 6 meses tras a aceptación.

Como modificar a configuración das cookies

Vostede pode restrinxir, bloquear ou borrar as cookies do Ministerio ou calquera outra páxina web, utilizando o seu navegador. En cada navegador a operativa é diferente, a función de "Axuda" mostraralle como facelo.

Ademais, tamén pode xestionar o almacén de cookies no seu navegador a través de ferramentas especiais.