Comunicación e visibilidade

Os beneficiarios de financiamento da Unión Europea teñen a obrigación xeral de mencionar a orixe e de garantir a visibilidade de todos os fondos recibidos.

Pode consultar a nosa Guía de Comunicación e Visibilidade para coñecer as responsabilidades dos beneficiarios do Fondo FAMI recollidas no Regulamento (UE) 2021/1060 de Disposicións Comúns.


O Ministerio de Facenda, coordinador nacional de comunicación dos fondos europeos en España, estableceu unha identidade visual para a comunicación e difusión destes fondos no período 2021 – 2027, co obxectivo de unificar a súa imaxe. Consulte o Manual de identidade visual para coñecer e aplicar as instrucións dirixidas ao FAMI.


Pode descargar o emblema da Unión Europea e os logos coa declaración que destaque a axuda da Unión no Centro de elementos visuais da Comisión Europea. Aquí vos deixamos as versións en castelán.

 

O Manual de indicadores de comunicación guiaralle acerca de como reportar semestralmente os indicadores de comunicación.